Chloe Bennet deixa as Supernenas

210

Chloe Bennet A ex axente de S.H.I.E.L.D. Chloe Bennet (Daisy / Skye) abandoa o proxecto de série de Powerpuff, ao que aínda están a lle dar voltas na canle The CW. O episódio piloto, rodado e rematado, non gustou a ninguén, e a ideia en si mesma non é do mais afortunada, polo que Bennet decidiu desembarcar antes de que sexa demasiado tarde. Dove Cameron e Yana Perrault aínda continúan coma Bubbles e Buttercup respectivamente.