Candidatas aos efectos visuais

0
204

oscarA Académia do Cinema americano ven de anunciar os quince filmes preseleccionados para a 81ª edición dos Oscar aos millores efectos especiais.

As candidatas, das que sairán os tres finalistas, son Austrália, O Príncipe Caspian, Monstroso, O Curioso Caso de Benjamin Button, O Cabaleiro Escuro, Ultimato á Terra, Hancock, Hellboy II, O Incríbel Hulk, Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal, Iron Man, Viaxe ao Centro da Terra, A Múmia III, Quantum of Solace e As Crónicas de Spiderwick.

O quince de xaneiro os membros da Académia poderán presenciar extractos de quince minutos de cada filme. Despois votarán para nominar os tres finalistas que optarán definitivamente ao galardón.

As candidaturas ao Oscar serán anunciadas o 22 de xaneiro. A gala celebrará-se na madrugada galega do 22 ao 23 de febreiro, no Kodak Theatre, e será retransmitida en directo por mais de 200 países.