Danny DeVito escribirá un cómic co Pingüín

1069

Danny DeVito, o inesquecíbel Pingüín de Batman Returns, regresará ao seu  persoaxe, pero esta vez nunha novela gráfica, que el mesmo está a escribir co superfalcatruán coma protagonista, co gallo dun número especial que aparecerá en novembro.

A história, que se publicará baixo o número 1 do novo título Gotham City Villains, celebrará o 80 aniversário do clásico inimigo de Batman, que ao longo dos anos contou con moitas versións e interpretacións distintas, dende un persoaxe aparvado e cacarexante adicado a crimes de baixo nivel, até un snob elitista, mercador de información e gángster sen piedade.

A interpretación de DeVito foi unha das mais sinistras e estremas, pero o seu persoaxe morre ao final do filme, polo que este cómic será unha precuela ou unha história totalmente distinta na que apareza o persoaxe e cunha interpretación potencialmente diferente.