Shinsuke Sato dirixe a Académia de Heroes

1064

O realizador xaponés Shinsuke Sato (Kingdom, Alice in Borderland, I Am a Hero) será o director da adaptación con acción real de My Hero Academia para a Legendary Entertainment, facendo deste xeito o seu debut nun filme en língua inglesa, aínda que cunha versión do popular manga orixinal de Kohei Horikoshi, que xa leva mais de 50 millóns de cópias vendidas.

A série de cómic orixinal espallou-se con lectores de todos os países que seguen as aventuras dos estudantes dunha escola nun mundo onde o 80% dos seus habitantes posúen superpoderes. Neste mundo, Izuku Midoriya, un fan incondicional dos superheroes, pero que el mesmo non posúe ningún don especial, atópa-se un día con All Might, o heroe mais poderoso. A partir dese encontro, prométe-se traballar arreo para se converter nun símbolo da paz e nun exemplo de esperanza para o mundo.

A série de anime está arestora na súa quinta tempada, mentres que unha terceira película en debuxos animados estreou-se en Xapón a semana pasada.