Lestat ten novo intérprete

119

O loiro actor australián Sam Reid (The Limehouse Golem, 2:22) será o protagonista, no papel de Lestat de Lioncourt, da série Vampire Chronicles que adaptará á pequena pantalla a novela Interview with the Vampire, orixinal de Anne Rice, para a canle AMC.

A série comezará a produción dos seus oito episódios a finais de ano e ten prevista a emisión na AMC e na AMC+ en 2022. A canle ordeou a produción en xuño e xa ten os dereitos das dezaoito novelas, para o caso de querer continuar adiante.

O papel de Lestat foi interpretado anteriormente por Tom Cruise e por Stuart Townsend no cinema. Para esta nova versión, Rolin Jones será o guionista e showrunner, mentres que Mark Johnson, Anne Rice e Christopher Rice serán os produtores.