Após de presentar hai tres meses un episódio especial, a HBO Max ven de anunciar oficialmente que producirá unha nova série de debuxos animados que será un spinoff da clásica Adventure Time da Cartoon Network.
Adventure Time: Fionna & Cake constará de dez episódios de 30 minutos cadanseu, dirixidos a un público adolescente, e presentará coma principal novidade que os seus habituais protagonistas Finn e Jake mudan de xénero. A história seguirá esta vez a unha rapaza, Fionna, e mais á súa mellor amiga, a gata máxica Cake.
Os persoaxes xa apareceron por primeira vez durante a terceira tempada, coma versións alternativas de Finn e mais o seu can Jake, e noutros tres episódios mais ao longo do percorrido da série orixinal.