Catwoman protagoniza a súa primeira longametraxe

1012

A clásica antiheroína dos cómics da DC Catwoman contará en breve cunha longametraxe de debuxos animados de seu, para a cal a Warner Bros. Animation, a DC e mais a Warner Bros. Home Entertainment veñen de anunciar o seu elenco de voces protagonistas.

O filme, que se titulará Catwoman: Hunted, contará con Elizabeth Gillies no papel de Selena Kyle/Catwoman nunha história que vai sobre o seu intento de roubar unha alfáia de valor incalculábel. O atraco porá-a no punto de mira tanto dun poderoso consórcio de falcatruáns coma da sempre enxeñosa Interpol e de Batwoman (Stephanie Beatriz).

Ademais das anteriores, no elenco figuran Jonathan Banks coma Black Mask, Steve Blum coma Solomon Grundy, Keith David coma Tobias Whale, Lauren Cohan coma Julia Pennyworth, Zehra Fazal coma Talia al Ghul e Nosferata, Jonathan Frakes coma o rei Faraday e Boss Moxie, Kirby Howell-Baptiste coma Barbara Minerva/Cheetah, Kelly Hu coma Cheshire, Andrew Kishino coma Mr. Yakuza e Domino 6, Eric López coma Domino 1, Jacqueline Obradors coma La Dama e Ron Yuan coma o Doutor Tzin.

O filme producirá-se nun estilo anime con Shinsuke Terasawa coma director a partir dun guión de Greg Weisman. A estrea está prevista para primeiros de 2022.