A AMC Studios confirmou onte que están á procura de actores para o elenco dunha adaptación á tele doutra saga de novelas de Anne Rice, nesta ocasión Lives of the Mayfair Witches. A série uniría-se asemade a Interview With the Vampire, que xa está en produción.
A canle se fixo cos dereitos do catálogo de Rice o ano pasado, e contratou a un grupo de escritores para que explorasen esta série e como podería versionar-se. Esta Spaulding e Michelle Ashford serán as guionistas principais e produtoras executivas.
A triloxía de Lives of the Mayfair Witches vai sobre unha intuitiva neurocirurxán que descubre que é a herdeira dunha família de meigas. Ao se enfrontar aos seus novos poderes e á súa crise de identidade, deberá loitar contra unha forza mortal que perseguiu á súa família durante xeracións. Os libros ademais contan cun crossover con The Vampire Chronicles, polo que resultan ideais para presentaren na tele.
O desenvolvemento xa está ben encamiñado para Interview With the Vampire, que recentemente contratou a Sam Reid coma Lestat na série de oito capítulos. Rolin Jones será o showrunner e a estrea prevé-se para 2022.