A actriz Dominique Thorne ven de se unir ao elenco de Black Panther: Wakanda Forever, que o realizador Ryan Coogler está a dirixir para a Marvel Studios.
Thorne xa fora contratada para interpretar a Riri Williams/Ironheart, a brillante enxeñeira adolescente que deseña unha versión de seu da armadura de Iron Man no universo cinemático da Marvel. A Disney+ está xa a producir unha série de Ironheart, pero o presidente da Marvel Studios, Kevin Feige confirmou que Thorne debutará antes, na secuela de Black Panther:
“Estamos a filmar Black Panther: Wakanda Forever, agora mesmo, e a persoaxe de Riri Williams, atoparéde-la primeiro en Black Panther 2. Ela comezou a filmar, coido, esta semana, antes da súa série Ironheart“.
Nos cómics, Tony Stark ténde-lle a man e dá-lle a súa beizón para que se converta nunha nova heroína acoirazada. Pero non se agarda que o Tony Stark de Robert Downey Jr. forme parte da história do persoaxe nesta ocasión.
Black Panther: Wakanda Forever ten prevista a súa estrea nos cinemas o 8 de xullo de 2022.