O dúo de Lovecraft fai o filme de Canário Negro

691

A showrunner de Lovecraft Country, Misha Green, está a desenvolver os primeiros chanzos dunha longametraxe baseada no persoaxe da DC Comics Black Canary para o servizo de streaming da HBO Max.

Jurnee Smollett repetirá o seu papel de Dinah Lance/Black Canary que xa interpretou no filme Birds of Prey do ano pasado. Smollet, que foi ún dos persoaxes mellor recibidos pola crítica no devandito filme, xa traballou xunto a Green no papel protagonista feminino de Lovecraft Country, e a parella xa indicara con anterioridade que lles gustaría explorar mais en profundidade o persoaxe de Dinah Lance.

Black Canary é unha superheroína da DC que ten o superpoder de berrar a un nivel supersónico. Sue Kroll producirá o filme, que polo de agora non se sabe se dirixirá a mesma Green, ou se só escribirá o guión.

O proxecto de todos os xeitos atópa-se na súa fase inicial, e Green ten outros traballos pendentes con maior prioridade, incluíndo un thriller que protagonizará Jeniffer Lopez, e mais unha secuela de Tomb Raider.

A HBO Max pola súa banda xa conta con outros dous proxectos baseados en persoaxes da DC: Blue Beetle e mais un filme cun Superman negro.