O cómico, actor e guionista Yassir Lester ven de recibir o encargo da Marvel Studios para se converter no guionista xefe da série Armor Wars, na que Don Cheadle repetirá o seu papel do coronel Jim “Rhodey” Rhodes, mais coñecido coma War Machine.
Lester e Cheadle xa traballaran anteriormente xuntos na comédia Black Monday da canle Showtime, que protagonizou Cheadle e que contaba con Lester coma un dos seus principáis guionistas e tamén co-protagonistas.
En Armor Wars, Rhodey deberá enfrontar-se aos peores medos do defunto Tony Stark, que a súa armadura de máxima tecnoloxía caia nas mans equivocadas. Polo de agora non hai director vencellado a este proxecto, que é independente do de Ironheart.