Thyberg dirixe ás novas Bruxas de Eastwick

115

A Warner Bros. Pictures ven de contratar á guionista e realizadora sueca Ninja Thyberg (Pleasure) para que escriba e dirixa un remake da clásica comédia fantástica de 1987 The Witches Of Eastwick.

O filme orixinal fora dirixido por George Miller (Mad Max) adaptando a novela homónima de John Updike de 1984, e ía sobre tres mulleres solteiras nunha pequena vila americana, a onde chega un misterioso e rechamante home que lles concede os seus desexos, polos que as tres terán que pagar algo en troco. Jack Nicholson, Cher, Susan Sarandon e Michelle Pfeiffer protagonizaron aquel filme, que daquela recibiu moi boas críticas.

Thyberg está por comezar a escribir o guión da nova versión, que non se sabe se estará mais baseada no filme orixinal ou na novela de Updike, que era moito mais sinistra e carecía dos riscos cómicos da súa versión para o cinema.

A rodaxe polo de agora non ten datas de comezo, pero será nos Estados Unidos. Doug Wick e Lucy Fisher serán os seus produtores.