O regreso da Vella Garda

150

A actriz e realizadora Victoria Mahoney, quen dentro do xénero fantástico só conta coa experiéncia de ser a directora da segunda unidade de Star Wars: The Rise of Skywalker, será a encargada de rodar a secuela de The Old Guard para a Netflix e a Skydance.

Mahoney fai-se cargo dun posto que até agora ocupaba Gina Prince-Bythewood, a responsábel do primeiro filme, baseado no cómic homónimo de Greg Rucka e do debuxante arxentino Leandro Fernández. Prince-Bythewood optou por non regresar e enfocar-se noutros proxectos, pero ficará a bordo coma produtora.

Pola súa banda, Charlize Theron volverá encabezar o elenco de protagonistas xunto a KiKi Layne, Matthias Schoenaerts, Marwan Kenzari, Luca Marinelli, Veronica Ngo e Chiwetel Ejiofor.

O novo filme será escrito por Rucka, adaptando unha história contida no segundo arco argumental do seu cómic, sobre un grupo de guerreiros inmortáis que un día após moitos séculos atopan a ún novo da súa caste, o que implicará moitas consecuéncias que repercuten dende as súas vidas no pasado e que chegan até os nosos tempos.

Theron, Beth Kono, Marc Evans, AJ Dix, David Ellison, Dana Goldberg e Don Granger seráns os outros produtores. A fita orixinal, estreada en 2020, supuxo ún dos meirandes éxitos de audiéncia da Netflix.