O Orfanato, o filme español máis visto

1079

El Orfanato converteu-se, nos seus primeiros días de exhibición, na película española máis vista do ano. En tan só catro días xa recadou case 6 millóns de euros e ao redor dun millón de espectadores acudiron ás salas de cinema para ver a fita producida por Telecinco.

A película de Juan Antonio Bayona estreou-se o pasado 11 de outubro e nestes catro días xa foi vista por un millón de espectadores, recadando case seis millóns de euros (concretamente, 5.875.000 euros). Estas cifras convirten O Orfanato na segunda millor estrea da história do cinema español e no filme español máis visto do ano.

O filme chegou ás pantallas avalado por excelentes cifras en vendas internacionais e após de se converter nunha das sesións máis aplaudidas no Festival de Cannes, colleitar éxitos nos Festivais de New York e Toronto e inaugurar o Festival de Cinema de Sitges.

O primeiro traballo de Bayona foi seleccionado pola Académia de Cinema para representar a España na 80ª edición dos Oscar na categoría de Millor Filme Estranxeiro.