Casting para TR2N

0
174

Olivia WildeAs actrices Olivia Wilde e Beau Garrett son as primeiras en asinar para a agardada secuela de Tron, que levará por título (alomenos polo de agora) TR2N. Esta secuela do clásico da Disney de 1982 estará dirixida por Joseph Kosinski

Sean Bailey estará na produción xunto a Steven Lisberger, que foi o co-guionista e director do primeiro filme, e ademais a Jeff Silver

O filme orixinal ía sobre un programador que é absorbido ao interior dun computador e obrigado a loitar nos videoxogos que el mesmo creara. O novo filme será coma un novo capítulo, ainda que os detalles do argumento están en segredo. O que se sabe é que Wilde interpretará a unha traballadora do mundo virtual que intenta loitar contra o Programa de Control Mestre, o malvado protocolo de intelixéncia que era o inimigo do protagonista no primeiro filme. Pola súa banda, Garrett será unha serea no mundo virtual.

O actor masculino protagonista ainda non foi adxudicado, pero os estudos e mais os produtores están a facer diversos castings na procura do cobizado papel.

TR2N é un dos proxectos máis agardados dos últimos anos da Disney e ten previsto o escomezo da rodaxe en primavera. No decurso da pasada Comic-Con en xullo Kosinski deixou albiscar algunhas escenas e resultaron do mais aplaudido na convención.

Agárda-se asemade que Jeff Bridges repita o seu papel do filme orixinal.