A Amazon tira dun fío infinito

269

A Amazon Studios ven de comezar o desenvolvemento dunha série de ciéncia-ficción titulada Infinite Thread, que conta cos irmáns Julius e Alston Ramsay (Into the Dark) e Byron Balasco (creador de Kingdom) coma produtores executivos, e con Justin Lin (Star Trek Beyond) coma director.

A história comeza cando unha parella de xemelgos é secuestrada e un decidido axudante de cherife embárca-se nunha procura no descoñecido que alterará o decurso da história humana. Infinite Thread combina o crime real e a ciéncia-ficción na súa representación da investigación épica dun home sobre un crime que racha os límites do tempo e o espazo.

Os irmáns Ramsay escribiron o guión deste proxecto dende o seu comezo, cando era só un esbozo, e agora serán os co-showrunners e produtores executivos xunto con Balasco e Andrew Schneider. Lin e Schneider descubriron o guión o pasado outono e decontado conxeniaron cos Ramsay, gañándo-o para a Universal Television nunha situación altamente competitiva. Logo incorporaron a Balasco e o sacaron á venda, onde a Amazon se fixo con el nunha guerra de ofertas entre várias empresas de streaming.

A produción correrá a cargo da Perfect Storm Entertainment (a empresa de Lin), a Amazon Studios e mais a Universal TV.