Oyelowo será o novo Rocketeer

97

A Disney quere revivir o seu clásico filme de 1991 The Rocketeer dende hai algún tempo, e está xa a facer os preparativos para unha longametraxe de acción real titulada The Return of the Rocketeer.

O actor e produtor inglés David Oyelowo (The Cloverfield Paradox, A Wrinkle in Time) producirá o proxecto, que será con case total probabilidade protagonizado por el mesmo.

O filme orixinal fora dirixido por Joe Johnston (Captain America: The First Avenger) baseado nunha novela gráfica de Dave Stevens que ía sobre un novo piloto (Billy Campbell) que atopa o prototipo dunha mochila de vóo que lle permite converter-se nun heroe voador enmascarado.

Ed Ricourt (Jessica Jones) está a escribir o guión para o novo filme, que desta volta enfocará-se nun ex-piloto do escuadrón Tuskegee que se fai co posto do Rocketeer.

A muller de Oyelowo, Jessica Oyelowo, será ademais a produtora xunto a Brigham Taylor.