A académia de vampiros xa ten alumnos

569

A Peacock ven de anunciar o elenco principal para a súa nova série de televisión baseada na popular saga de libros para adolescentes de Richelle Mead Vampire Academy.

A história céntra-se ao redor de dúas rapazas, a híbrida vampiro-humana Rose Hathaway (Sisi Stringer) e mais a desacougada vampira real Lissa Dragomir (Daniela Nieves) cuxa amizade transcende as súas enormes diferéncias de clases sociais.

Xunto á devandita parella, os outros alumnos da escola de preparación para a vida real vampiresca serán: Kieron Moore no papel do letal gardián Dhampir Dimitri Belikov, Andre Dae Kim coma o reflexivo pária social Christian Ozera, e mais o ex-protagonista de Angel J. August Richards coma o nobre estratega político Victor Dashkov.

Ademáis, participarán na série Anita-Joy Uwajeh coma a vampira Moroi Tatiana Vogel, Mia McKenna-Bruce coma a lista estudante non real Mia Karp, Rhian Blundell coma a testán Meredith, Jonetta Kaiser coma a chapona Sonya Karp e Andrew Liner coma o gardián a proba número ún Mason Ashford.

Julie Plec e Marguerite MacIntyre serán as showrunners e Billie Woodruff dirixirá o primeiro episódio.

Emily Cummins, Don Murphy, Susan Montford, Deepak Nayar e Jillian DeFrehn son os produtores executivos.