Annie Wersching, raíña dos Borg

76

A raíña Borg regresará ás nosas pantallas cunha nova face, aínda que xa coñecida, que asume o papel para a vindeira segunda tempada de Star Trek: Picard.

Annie Wersching, a quen os fans recoñecerán sobre todo polo seu papel de axente Renee Walker na série 24, pero que conta con moitos cretos na televisión de xénero, coma en Birds of Prey, Timeless, Supernatural, The Vampire Diaries ou mesmo en Star Trek: Enterprise, ven de se facer cun papel que seica terá continuidade ao longo de vários episódios.

Alice Krige interpretou á raíña Borg no filme de 1996 Star Trek: First Contact e no episódio final da série Star Trek: Voyager, mentres que Susanna Thompson ocupou o posto ao longo da devandita série. O certo é que o persoaxe xa morreu várias veces na pantalla, polo que a versión que veremos é algo que aínda non está claro. Os Borg foron creados coma unha espécie cunha conciéncia colectiva e sen líder centralizado, polo que a existéncia dunha raíña ou o seu auténtico poder é ún deses mistérios de Star Trek que agardamos que nos poidan resolver por fin en Picard.