A série Star Trek: Picard, que ven de rematar a rodaxe da súa segunda tempada, obtivo a renovación por un ano mais, se ben aínda deberemos agardar até febreiro para ver a continuación das aventuras do capitán Jean-Luc. As novas non son de abraiar, porque durante a pandémia seica se rodaron conxuntamente moitas escenas dunha (daquela aínda non aprobada) terceira parte, na que regresarán persoaxes coma Q (John de Lancie) e haberá cameos doutros antigos protagonistas da franquía.