Datas de estrea para Star Trek

49

Star Trek: DiscoveryNo decurso dunha presentación para celebrar o 55° aniversário da franquía de Star Trek, déron-se a coñecer as datas de estrea de Star Trek: Strange New Worlds, de Star Trek: Discovery e de Star Trek: Prodigy. O 18 de novembro comezará a cuarta tempada de Star Trek: Discovery, na que unha vez mais a tripulación da nave deberá salvar á galáxia. Pola súa banda, Star Trek: Prodigy deberá agardar até o 28 de outubro e Strange New Worlds até comezos de 2022.