Wilson e Dawson na Mansión Enmeigada

72

Owen Wilson, a quen vimos recentemente na série Loki, e Rosario Dawson (Ahsoka en The Mandalorian) veñen de unir os seus nomes aos de LaKeith Stanfield e Tiffany Haddish no elenco que protagonizará a aventura familiar Haunted Mansion, a longametraxe que adaptará con acción real a famosa atracción homónima dos parques temáticos da Disney.

Justin Simien (Dear White People) dirixe a partir dun guión de Katie Dippold neste filme conxunto que vai sobre unha família que se muda á mansión enmeigada. Polo de agora non se deron a coñecer mais detalles sobre o argumento, pero na atracción, os participantes entran nunha casa sinistra e misteriosa na que hai persoaxes pantasmas, médiums e esqueletes.

Dan Lin e Jonathan Eirich (Aladdin) serán os produtores, e a rodaxe comezará en Atlanta en outubro.