Scott Charles Stewart será finalmente o director de Priest, o western de terror baseado no cómic do mesmo nome que creou Min-Woo Hyung e publica a editorial TokyoPop.
Michael De Luca e mais Josh Donen da Stars Road Entertainment serán os produtores para a Screen Gems; Mitchell Peck tamén producirá.
A história está ambientada nun mundo que leva séculos de guerras entre os homes e os vampiros e céntra-se nun cura que desobedece as leis da súa igrexa para perseguir a unha perigosa banda de vampiros que secuestraron á súa sobriña. Cory Goodman (The Brood) é o autor do guión.
O proxecto estivo moi pretode se levar a cabo hai un par de anos, cos actores Gerard Butler e Steven Strait baixo a dirección de Andrew Douglas, pero non se chegou desenvolver.
Stewart é un antigo empregado da ILM (Industrial Light and Magic) que xunto con Stu Maschwitz e Jonathan Rothbart fundou a empresa de efectos especiais Orphanage.