Os Tennant serán Jekyll e Hyde

128

O ex-doutor Who David Tennant e mais a súa muller, Georgia Tennant, traballarán xuntos nunha nova série titulada Hide, e que está inspirada na clásica novela The Strange Case of Dr. Jekyll and Mr. Hyde do escritor Robert Louis Stevenson.

A parella será a protagonista, e ademais os produtores executivos deste thriller, que emitirá o servizo de streaming da Peacock. David fai o papel dun xornalista caído en desgraza que descobre unha história que podería revivir a súa carreira, pero que ao mesmo tempo o sitúa coma obxectivo duns misteriosos e perigosos adversários.

Ao mesmo tempo, sofre un accidente que ten graves consecuéncias, e daquela é cando o elemento de Jekyll e Mr. Hyde entra en escena.

A série será dirixida por Julie Anne Robinson (Bridgerton, Grace & Frankie), quen será a terceira produtora executiva, mentres que o dúo responsábel de Marvel’s Agent Carter, Michele Fazekas e Tara Butters, serán as showrunners.