A Disney regresa aos cinemas

127

Shang ChiApós do relativo éxito coa estrea de Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings, a Disney ven de confirmar que o resto dos seus filmes de 2021 estrearán-se só nas salas de cinema e non pasarán ao servizo de Disney+ até 45 días despois. Entre os filmes aínda pendentes este ano están Eternals e Encanto, aínda que para este último a fiestra será só de 30 días.