A Disney+ revive o Vó do Navegante

104

Seica a Disney Studios está a desenvolver unha nova versión do seu clásico filme de aventuras de ciéncia-ficción Flight of the Navigator para emitir no seu servizo de streaming, pero esta vez cunha rapaza coma protagonista.

O actor logo caído en desgraza Joey Cramer, unha noviña Sarah Jessica Parker e mais Veronica Cartwright protagonizaron en 1986 a longametraxe orixinal, que ía sobre un rapazolo que viaxa oito anos ao futuro e ten unha aventura nunha nave espacial alieníxena que non só é intelixente senón que ademais é algo chistosa (e á que lle emprestaba a voz Paul Reubens).

Randal Kleiser (Grease, The Blue Lagoon) dirixiu o filme orixinal, que contou cun guión de Michael Burton e Phil Joanou. Para a nova versión, Bryce Dallas Howard será a directora e produtora.