Mackie xoga co Metal Revirado

95

Anthony Mackie (Falcon and the Winter Soldier) ven de asinar o contrato polo que se converterá no protagonista dunha nova série que adaptará ás pequenas pantallas con acción real a franquía de videoxogos Twisted Metal para a Sony Pictures Television e a PlayStation Productions.

A nova série é unha comédia de acción baseada nun guión orixinal dos guionistas de Deadpool, Rhett Reese e Paul Wernick, e inspirada polos clásicos videoxogos de combate que comezaron a se publicar aló por 1995.

Mackie fará o papel de John Doe, un leiteiro que fala de mais pero que non ten memória do seu pasado. Está encargado de entregar un misterioso paquete a través dunha gándara postapocalíptica, e coa axuda dun ladrón de coches, deberá enfrontar-se a salvaxes saqueadores e outros perigos, entre os que hai un pallaso tolo nun camión de xeados.

Mackie, Reese e Wernick serán ademais os produtores executivos xunto ao guionista de Cobra Kai Michael Jonathan Smith, quen tamén escribiu o libreto. Will Arnett e Marc Forman, da compañía Electric Avenue, son os outros dous produtores executivos.