Martin e D’Onofrio rodan unha curta

726

O actor e director Vincent D’Onofrio formará equipa co escritor creador de Game of Thrones, George R.R. Martin, para facer unha curtametraxe de entre 20 e 30 minutos titulada Night of the Cooters.

O proxecto é unha adaptación da novela homónima de ciéncia-ficción de Howard Waldrop, publicada en 1987 e que conta como os marciáns invaden a vila de Pachuco, Texas. O filme rodará-se cunha combinación de acción real e debuxos animados creados pola Trioscope Studios. D’Onofrio será o director e ademais o protagonista, no papel do sheriff Lindley, mentres que Joe Landsdale escribirá o guión e Martin será o produtor.

Na curta participarán ademais Hopper Penn, Harrison Page, Martin Sensmeier, Cristin McCleary, Elias Gallegos, Luce Rains, Jazzy Kim O’Brien e mais Darius Eteeyan.