Chris Pratt pon-lle a voz a Super Mario

309

A vindeira longametraxe da Illumination Entertainment baseada na clásica franquía de videoxogos Super Mario Bros da Nintendo ven de confirmar o seu elenco e mais a data de estrea. Chris Pratt liderará o grupo que lle porá as voces aos protagonistas, no papel do fontaneiro italián Mario. Ademáis, Anya Taylor-Joy será a princesa Peach, Charlie Day será Luigi, Jack Black será Bowser, Keegan-Michael Key será o Sapo e Seth Rogen será o gorila Donkey Kong.

Aaron Horvath e Michael Jelenic, a parella responsábel de Teen Titans Go!, dirixirá o filme a partir dun guión de Matthew Fogel (Minions: The Rise of Gru). Chris Meledandri e mais o creador de Mario, Shigeru Miyamoto, serán os produtores.

A Universal Pictures distribuirá o filme, cuxa estrea está prevista para o 21 de decembro de 2022.