Waddington mergúlla-se no Departamento H

700

A realizadora española Alice Waddington (Paradise Hills) será a encargada de levar ás pantallas de cinema unha adaptación da popular série de cómic da editorial Dark Horse Dept. H para a Netflix.

A história orixinal está ambientada despois de que un científico de grande sona sexa misteriosamente asasinado nunha estación de investigación submariña, e a súa filla, coa que non se falaba había moito, sexa enviada a dez quilómetros de profundidade para investigar. Coa presión aumentando e o auga subindo, deberá correr contra o tempo para resolver o crime mentres descubre a verdade que se agocha após do verdadeiro propósito da estación.

O guionista de The Maze Runner e Pacific Rim: Uprising, T.S. Nowlin, adaptará o material orixinal para o cinema, mentres que Mike Richardson, Keith Goldberg e Paul Schwake serán os produtores. A Dark Horse e a Netflix xa mantiñan un acordo de colaboración, grazas ao cal foi producida a série The Umbrella Academy.