Johansson e a Disney chegan a un acordo

243

Scarlett JohanssonPoucos días após de que a primeira audiéncia do tribunal fora adiada para marzo de 2022, Scarlett Johansson e a Disney chegaron a un acordo no preito por incumprimento de contrato polo pagamento do filme Black Widow da Marvel Studios. Nunha declaración, Johansson dixo: “Estou feliz por resolver as nosas diverxéncias coa Disney. Estou ansiosa por continuar a nosa colaboración nos anos vindeiros“. Os termos do acordo non foron divulgados.