Ratatouille foi a grande vencedora nos prémios Annies, acadando levar dez estatuíñas nestes galardóns que recoñecen aos millores no eido dos debuxos animados na trelevisión e mais no cinema nunha cerimónia que tivo lugar o pasado día 1 de febreiro en Los Angeles.
A fantasía animada da Disney/Pixar levou entre outros os prémios á millor película, superando aos outros candidatos: Bee Movie, Surf’s Up, Persépole e Os Simpson.
Ratatouille entrara xa coma a máxima favorita no Royce Hall da UCLA con 13 nominacións.
Entre os outros prémios acadados están tamén oso millor guión, dirección (a Brad Bird), actuación de voces (Ian Holm) e millor animación de persoaxes, música, argumento, deseño de produción e videoxogo.
Bird e os dous compañeiros de seu que escribiron o guión deste filme están asemade nominados para o Oscar ao millor guión orixinal.
Os outros filmes fantásticos premiados foron Surf’s Up polos efectos especiais, Creature Conforts America á millor produción de TV, El Tigre pola millor produción de TV para nenos e a millor dirección en TV a Seth Green por Robot Chicken Star Wars.