A estrela de Sense8 é a nova Pinhead

758

A californiana Jamie Clayton, a quen os fans recoñecerán decontado polo seu papel da hacker transexual Nomi Marks na série Sense8 da Netflix, será o novo Pinhead no reinício da franquía de Hellraiser que está a preparar o director David Bruckner para a Spyglass Media Group e a Hulu.

Clayton fai-se cun papel que interpretou orixinalmente Doug Bradley ao longo de oito dos dez filmes que abrangue a franquía. Para esta versión Pinhead, o líder dos diabólicos Cenobitas, mudará o seu xénero. Ao longo dos últimos anos houbo vários intentos por redeseñar ao persoaxe para face-lo mais sinistro, pero aínda non se sabe con que fasquía se presentará desta volta perante os espectadores.

Os actores Odessa A’zion, Brandon Flynn, Goran Visnjic, Drew Starkey, Adam Faison, Aoife Hinds, Selina Lo e Hiam Abbass conforman o resto do elenco dun filme que xa comezou a súa rodaxe, pero que estaba pendente deste o seu derradeiro protagonista.

Ben Collins e Luke Piotrowski (The Night House) escribiron o guión a partir dunha ideia orixinal de David S. Goyer. Clive Barker, o escritor responsábel da novela curta The Hellbound Heart (1986) que deu orixe á saga e director da primeira longametraxe Hellraiser, tamén participa coma produtor.