Onte anunciou-se oficialmente que Kiernan Shipka repetirá o seu papel de Sabrina Spellman, a quen vimos por última vez na cancelada Chilling Adventures of Sabrina da Netflix, nun grande crossover coa série Riverdale da canle The CW (aínda que en Galiza emíte-se igualmente na Netflix).
Ambas as dúas séries están baseadas nos persoaxes dos cómics de Archie, e de feito na de Sabrina había moitas referéncias a Riverdale. Agora, o showrunner Roberto Aguirre-Sacasa ven de confirmar o cruce entre séries, dicindo que está entusiasmado de que por fin se leve a cabo, coma parte dun acontecemento especial de Riverdale.
Sabrina aparecerá no cuarto episódio da sexta tempada de Riverdale, titulado The Witching Hour(s). Neste episódio, Cheryl (Madelaine Petsch) está a levar a cabo un perigoso feitizo que podería supoñer a diferéncia entre a vida e a morte para ún dos membros da família Blossom. E para o levar a cabo, recibirá a axuda de Sabrina, quen está de visita dende a veciña vila de Greendale.