Superman sae do armário

811

Jon Kent, o fillo do Superman orixinal Clark Kent e de Lois Lane, desvéla-se coma bisexual na última versión das aventuras do superheroe mais famoso do mundo na DC Comics. No novo número da série Superman: Son of Kal-El, que aparecerá o 9 de novembro, Jon bica ao xornalista Jay Nakamura.

Non é un truco“, dixo o guionista, Tom Taylor, nunha entrevista en Melbourne (Austrália). “Cando me ofreceron este traballo, pensei: ‘Ben, se imos ter un novo Superman para o Universo DC, coido que sería unha oportunidade perdida ter outro salvador branco heterosexual“, engadiu.

Non queríamos que isto fora ‘DC Comics crea un novo Superman queer‘”, dixo Taylor. “Queremos que sexa ‘Superman atópa-se a si mesmo, convérte-se en Superman e logo sae do armário’, e coido que esa é unha distinción realmente importante“.

Segundo dixo Taylor, polo de agora as reaccións foron maiormente positivas: “Estou a ler mais chíos de xente que di que se chorou cando leu a nova, que desexaron que Superman fora así cando estaban a medrar, que se viran a si mesmos. A xente está a dicir que por primeira vez ven-se reflectidos a si mesmos en Superman, algo que nunca coidaron que fora posíbel“.

Creado por Dan Jurgens, Jon Kent apareceu por primera vez en Convergence: Superman #2 (2015). É asemade o persoaxe mais recente do Universo DC que se converte en Superboy e mais tarde en Superman, substituíndo ao seu pai. En xullo deste ano, Jon comezou a protagonizar a série de cómics Superman: Son of Kal-El, que substituíu ao título mensual de Superman. A série presenta a Jon protexendo á Terra coma o novo Home de Aceiro no Universo DC.

Na actual série da canle The CW na tele Superman & Lois, Clark e Lois teñen dous fillos xemelgos adolescentes, Jordan e Jonathan, interpretados por Alex Garfin e Jordan Elsass. O persoaxe de Jonathan é descrito coma modesto e de bó corazón.

É tan poderoso coma a esperanza, mais rápido có destino e capaz de nos erguer a todos e é un heroe moi novo que está a atopar o seu camiño, loitando contra cousas que o seu pai non fixo“, dixo Taylor, que quere que isto sexa a nova normalidade.