110 días

121

Esta fin de semana, concretamente o sábado 16 ás 20:00, estreará-se o terceiro capítulo de 110 días, unha série de ciéncia-ficción de 8 episódios realizada por Emilio Tilve e Raúl Pinheiro para Radio Liverdade. Cunha duración total de 35 minutos, a série relata as vivéncias de dúas personaxes afastadas entre si en todos os sentidos. Coexisten nunha realidade distópica, que se describe a través dos relatos dos protagonistas e do uso de efectos de són.

A publicación da série é semanal, tanto independente (en formato podcast) coma a través doutros sítios coma A Gruta de Gizamaluke, e aínda está aberta a máis colaboracións. Cada sábado publíca-se un capítulo na web, Ivoox e redes de Radio Liverdade.

O derradeiro capítulo presentára-se en directo a través da plataforma de streaming Twitch, o sábado 20 de novembro, e á finalización do capítulo en directo ofrecerá-se un espazo para falar co público presente e responder ás curiosidades que xurdan.

Máis información dispoñíbel en Radio Liverdade, Ivoox e Podgalego.