Danny DeVito é a última incorporación ao elenco de Haunted Mansion, o filme de pantasmas para toda a família que a Disney está a producir baseado na famosa atracción homónima dos seus parques temáticos.
A história vai sobre unha nai e mais o seu fillo que se atopan cunha mansión que é mais do que semella. Polo de agora non se sabe moito mais do argumento nin de como participará DeVito no mesmo, agás que interpretará a un profesor fachendoso.
Justin Simien (Dear White People) será o director da longametraxe, facendo deste xeito o seu debut nun proxecto de grande orzamento. A produción xa comezou a pasada semana en distintas localizacións de New Orleans e Atlanta.
LaKeith Stanfield, Tiffany Haddish, Owen Wilson e Rosario Dawson son os outros protagonistas do filme, que conta cun guión de Katie Dippold. Dan Lin e Jonathan Eirich son os produtores.