Shankman, a pares

0
151

SindbadAdam Shankman ven de asinar o contrato polo que será o director de Bob the Musical coa Disney e Sindbad na Sony.

Bob the Musical céntra-se nun home de modais delicados que de súpeto escoita a “canzón interna” dos corazóns da xente após de sofrir un golpe na cabeza.

Shankman tamén está en negociacións finais para dirixir e desenvolver unha nova ollada ao clásico das aventuras épicas Sindbad. O proxecto, que leva moito tempo xestándo-se, atraiu a un grande número de directores ao longo dos anos, entre os que se inclúen a John Singleton e a Rob Cohen.

A história irá sobre Sindbad e mais a súa tripulación, que son abandoados na costa de China e se embarcan unha procura para atopar a lámpada de Aladino.