Hayden Christensen repetirá o seu papel de Anakin Skywalker (ou Darth Vader) na nova série de acción real da Guerra das Galáxias, Ahsoka, que a Lucasfilm produce para o servizo Disney+.
Rosario Dawson protagoniza a série no persoaxe de Ahsoka Tano, facendo unha vez mais o papel que probabelmente recibiu mais elóxios dos fans na pasada segunda tempada de The Mandalorian. Esa aparición foi o debut en acción real da mestre Jedi Ahsoka, creada na série de debuxos animados Star Wars: The Clone Wars por Dave Filoni e que orixinalmente era a aprendiz (padawan) de Anakin.
O mesmo que The Mandalorian, a história ten lugar cinco anos despois dos acontecementos de Return of the Jedi, após de que Vader morra, así que hai que supoñer que o seu regreso será ou ben coma pantasma, ou en flashbacks.
Christensen interpretou o papel de Anakin nos filmes Star Wars: Attack of the Clones (2002) e Star Wars: Revenge of the Sith (2005) e mais recentemente, noutra série do universo Star Wars, Obi-Wan Kenobi, que está ambientada dez anos despois dos acontecementos narrados no Episódio VI da saga no cinema.
Os detalles do argumento de Ahsoka polo de agora non se deron a coñecer, pero Filoni está a escribir os guións e xunto a Jon Favreau será o produtor executivo. O comezo da rodaxe está prevista para primeiros de 2022.