Clarke e Ejiofor, embarazados en New York

90

Emilia Clarke (Game of Thrones) e mais Chiwetel Ejiofor (Infinite, Doctor Strange in the Multiverse of Madness) serán os protagonistas da comédia romántica de ciéncia-ficción The Pod Generation, que Sophie Barthes dirixirá para a MK2 Films a partir do vindeiro mes de marzo.

Ambientada nun futuro próximo no que a intelixéncia artificial está de moda e a natureza está a se converter nunha lembranza afastada, a história xira ao redor de Rachel (Clarke) e Alvy (Ejiofor), unha parella de New York disposta a levar a súa relación ao seguinte nivel e formar unha família.

O traballo de Rachel dá-lles a oportunidade de usar unha nova ferramenta desenvolvida por un xigante tecnolóxico, Pegasus, que ofrece ás parellas a posibilidade de compartir o embarazo en pé de igualdade grazas a ventres artificiais removíbeis, chamados “pods”.

Alvy, un botánico e purista convencido, ten as súas dúbidas, pero o seu amor por Rachel fai-lle dar un chimpo de fe e deste xeito comezan a súa aventura cara á paternidade neste novo mundo.

Yann Zenou e Genevieve Lemal serán os produtores, e Andrij Parekh (Watchmen) será o director de fotografía.