Val Zod fai-se cun par de guionistas

93

Os guionistas Darnell Metayer e Josh Peters (Transformers: Rise of the Beasts) veñen de recibir o encargo de escribir Val Zod, o vindeiro filme da HBO Max que adaptará ás pantallas o persoaxe do “Superman negro” da DC Comics.

A história vai sobre Val-Zod, un kriptonián orfo que procede do mesmo planeta que o Home de Aceiro, que polo tanto posúe os mesmos superpoderes, e que atopa refúxio na Terra, pero noutro universo, en Terra 2. Nos cómics, após da reestruturación de The New 52 en 2012, finalmente enfrónta-se a un Clark Kent/Superman ao que lle lavaron o cerebro.

A compañía Outlier Society, propiedade de Michael B. Jordan, produce este proxecto para a DC Entertainment e a Warner Bros Television. Polo de agora non está claro se o mesmo Jordan será o protagonista no papel do Superman negro, porque nestes intres está ocupado preparándo-se para protagonizar e dirixir outro filme, Creed III.