Os monstros da Universal en Fortnite

938

A Universal Pictures e mais a Epic Games veñen de crear unha nova minisérie de curtametraxes orixinais para a televisión titulada We Will Be Monsters.

As curtas adaptarán aos nosos tempos algúns dos mais clásicos filmes de monstros da Universal, coma a noiva de Frankenstein, Drácula ou a Múmia. As películas orixinais de monstros da Universal realizaron-se nunha época na que a maioría dos filmes contaban cun elenco totalmente branco e cun enfoque decididamente europeo, pero a nova história e os persoaxes son de natureza global, con localizacións que inclúen Hong Kong, Marrocos, Los Angeles e Lagos (Nixéria).

Após da estrea do episódio inicial, os xogadores poderán mercar “skins” ou peles das novas versións dos persoaxes e utiliza-las no popular videoxogo Fortnite.

Rick Famuyiwa, o realizador responsábel de vários capítulos da série The Mandalorian, dirixiu esta minisérie, que se estreou onte 28 de outubro dentro de Fortnite coma parte do seu Festival “Shortnitemares”.

Os episódios dous, tres e catro estrearán-se a primeiros do ano que ven.