Alexis á procura do Tesouro Nacional

1135

Lisette Alexis (We Need To Do Something) será a protagonista da série de televisión National Treasure que está a preparar a Disney+ en colaboración coa ABC Signature.

O proxecto será unha expansión da franquía orixinal de National Treasure do cinema, contada dende o punto de vista dunha enxeñosa heroína latina (Alexis) que está á procura de respostas sobre os segredos da súa família na aventura de toda unha vida. Ao longo da série descubrirá a verdade sobre os seus pais e a súa conexión cun tesouro panamericano perdido hai moito tempo.

Os máximos responsábeis da franquía orixinal no cinema, Jerry Bruckheimer (produtor executivo), Marianne e Cormac Wibberley (guionistas) e Jon Turteltaub (director) serán os produtores executivos da série, mentres que a realizadora de orixe índia Mira Nair fará-se cargo do posto de directora.

Rick Muirragui, Jonathan Littman e KristieAnne Reed escribirán os guións, que comezarán a se rodar a primeiros de 2022.