Daisy Ridley, traficante de lembranzas

99

Ao contrário cós seus colegas Adam Driver, John Boyega e Oscar Isaac, Daisy Ridley non acadou papéis de grande sona após interpretar a Rey na mais recente triloxía de Star Wars no cinema. Agora tentará cambiar a sorte co thriller de ciéncia-ficción Mind Fall, que conta xa con Mathieu Kassovitz (La Haine, Gothika) vencellado ao posto de director e con Graham Moore (The Imitation Game) coma guionista.

A Wild Bunch International ven de poñer en marcha a venda deste proxecto, que provén de Studio 8 (Hypnotic), a empresa de Jeff Robinov. John Graham tamén produce para Studio 8.

A história ten lugar no Londres dun futuro próximo, onde a droga mais cobizada no mercado negro son as lembranzas, que se extraen fisicamente do cerebro dunha persoa e implantan-se no doutra mediante unha nova tecnoloxía ilegal.

Ridley interpretará a Ardis Varnado, unha das mellores traficantes neste eido, quen loita contra a súa própia adición ás lembranzas, tentando asemade distinguir entre a vida que viviu e as lembranzas que lle foron implantadas.

Cando é acusada de asasinar a ún dos seus clientes, decide resolver o crime por si mesma e cuestionar todo o que acredita que é real. O proxecto será a primeira película do francés Kassovitz en mais dunha década.