EN BREVE 02. Jun 2023 Tom Holland confirmou onte que xa mantivo xuntanzas sobre o próximo Spider-Man, pero o proxecto aínda ten un longo camiño por diante. A produtora Amy Pascal revelou que o plan é por en marcha non só a cuarta entrega da saga de Spider-Man, senón tamén outros filmes con Miles Morales e Spider-Woman. "Non podo falar diso, pero podo dicir que tivemos reunións. Puxemos as xuntanzas en pausa en solidariedade cos guionistas. Mantivéron-se múltiples conversas, pero neste momento é moi, moi cedo ", dixo Holland pola súa banda.
24. May 2023 A cantante e actriz Tina Turner ven de finar hoxe aos 83 anos de idade. Alcumada coma a "raíña do rock and roll" e unha das mais grandes cantantes de todos os tempos, acadou sona cedo grazas ao dúo que formou con Ike Turner , antes de lanzar unha carreira en solitário que a confirmou coma unha estrela mundial. Os fans do xénero fantástico sempre a relembrarán coma a coprotagonista de Mad Max Beyond Thunderdome (1985) e Last Action Hero (1993). Após de vender mais de 100 millóns de discos, retirou-se á súa mansión en Suíza, onde se nacionalizou tras vivir no país dende 1994.
10. May 2023 A Warner Bros. Pictures ven de anunciar a data do 6 de setembro de 2024 para a estrea de Beetlejuice 2 , a secuela da emblemática comédia sobrenatural de 1988 de Tim Burton , quen regresará coma director despois dun parón que duraba xa catro anos, dende Dumbo . Michael Keaton será de novo o protagonista, e a rodaxe dará comezo axiña en Inglaterra. Jenna Ortega (Wednesday ) e mais Justin Theroux están tamén no elenco.