O futuro de Snyder, en dous filmes

105

O realizador Zack Snyder ven de deixar caer a posibilidade de se encargar de dúas películas no seu futuro: unha delas sería a secuela do seu filme de zombis Army of the Dead, titulada Planet of the Dead, e a outra a cobizosa fita de ciéncia-ficción Rebel Moon.

Nunha recente entrevista, falou da teoría dos fans segundo a cal hai un bucle temporal que vencella ás caixas fortes de Army of the Dead, a recente precuela Army of Thieves, e ao falcatruán Bly Tanaka (a quen interpreta Hiroyuki Sanada): “son un grande fan desta subhistória mitolóxica, e de toda a diversión do bucle temporal que poidas ter, hai unha chea de melloras xeniáis que se incorporaron agora. Estou desexando facer a secuela de Army of the Dead, para que poidamos ver como se manifestan todas esas cousas“.

Mentres tanto, con Rebel Moon, un guión orixinal creado a partir dunha idea non desenvolvida en Star Wars, Snyder dixo que isto será mais grande que ningunha outra cousa que fixera antes e que vai sobre unha pacífica colónia no bordo da galáxia ameazada polos exércitos dun tirano chamado Balisarius.

Francamente, o que realmente me interesa con Rebel Moon é crear unha película romántica de ciéncia-ficción a unha escala que é, francamente, tan grande coma se ppoida facer unha película. Nunca fixen unha película de ciéncia-ficción tan grande. O comenzo de Man Of Steel en Krypton ten elementos de ciéncia-ficción bastante grandes, pero segue sendo Krypton e hai algunhas cousas iconográficas que tes que facer. E iso é o que estamos a facer en Rebel Moon, pero cos maiores esteroides que lle poida dar… é unha culminación do meu amor pola mitoloxía e o meu amor polas películas xigantes e a acción e o cinema épico“.