Mark Hamill será o Joker

0
198

hamillMark Hamill, que encarnou ao célebre Luke Skywalker na triloxia orixinal da Guerra das Galáxias, cederá a sua voz ao malvado Joker nunha nova aventura do cruzado con capa en Batman: Arkham Asylum. Iso si, non se trata da nova entrega cinemátográfica do home morcego, senon do videoxogo creado pola Eidos e mais a Warner Bros.

Como o título indica, tráta-se da adaptación do cómic do mesmo nome escrita en 1989 por Grant Morrison e ilustrada por Dave McKean, que foi a novela gráfica millor vendida da DC Comics durante vários anos con mais de meio millón de cópias.

Arkham Asylum é o manicómio de Gotham City e o punto de partida do cómic e mais o videoxogo é o dia dos Inocentes; os reclusos do sanatório (a maioria de superfalcatruáns inimigos de Batman: o Joker, o Pingüín, o Espantallo ou Poison Ivy) amotinan-se. O Joker fai saber ás autoridades que os funcionários secuestrados morrerán se Batman non fica unha noite entre os muros do manicómio.

Mark Hamill non é novo nestas lides: xa participou como dobrador do sádico pallaso nas séries de debuxos animados de Batman e Superman creada nos 90, e mais recentemente na Liga da Xustiza.