Bradley Cooper á procura do Hyperion

86

A adaptación ao cinema da saga Hyperion de Dan Simmons, composta por catro novelas gañadoras do prémio Hugo, está agora un pouco mais preto.

O actor e productor Bradley Cooper vai lanzar unha nova compañía produtora xunto a Weston Middleton, e o seu primeiro proxecto será Hyperion, unha saga á que Cooper leva vencellado polo menos dende 2015.

A versión anterior do proxecto orixinára-se no marco dun acordo entre a Universal Cable Productions, a GK Films e a 22nd and Green, e os seus plans eran crear unha série limitada na canle Syfy. Porén o proxecto está agora nas mans da Warner Bros. Pictures, e Cooper e a GK Films (a empresa de Graham King) seguen vencellados. Agora mesmo están a buscar un director que se faga cargo.

Hyperion é unha das sagas mais lendárias da ciéncia-ficción moderna e a súa história é longa, complicada e tecida ao redor de polo menos sete argumentos distintos, pero que comezan na véspera do Armaxedón, con toda a galáxia en guerra. Sete pelegríns emprenden de xeito independente unha viaxe mística á procura das respostas aos enigmas sen resolver das súas vidas. Cadaún deles garda un terríbel segredo, e ún deles podería ter o destino da humanidade nas súas mans.

Tom Spezially, o produtor executivo gañador dun Emmy con Watchmen, escribirá o guión. Cooper tamén ten un acordo de estrea coa Netflix, onde está a dirixir a súa nova película, o musical Maestro.