Chris Pratt porá-lle a voz a Garfield

84

Cando en Avengers: Endgame, Rocket dí-lle a Star-Lord que está a un sándwich de distáncia de se pór gordo, seica estaba a predicir o futuro, porque Chris Pratt ven de asinar o contrato polo que se converterá no gato gordo de mais sona do mundo: Garfield.

A Sony Pictures fíxo-se cos dereitos do popular persoaxe do cómic para o levar ao cinema e xa conta co nominado ao Oscar David Reynolds (Finding Nemo) para escribir o guión e con Mark Dindal (Chicken Little) coma director. A parella xa traballara conxuntamente no filme The Emperor’s New Groove da Disney.

Creado por Jim Davis en 1978, Garfield é un gato laranxa gordo e lacazán, que causa decote problemas para Jon, o seu dono. O persoaxe aínda posúe actualmente o récord de ser a tira cómica mais difundida do mundo e foi adaptado previamente ás pantallas do cinema en dúas ocasións en filmes con gráficos xerados por computador, coa voz de Bill Murray.

Para esta ocasión os produtores serán John Cohen, Steven P. Wegner, Andrew Kosove e Broderick Johnson. A DNEG Animation (Ron’s Gone Wrong) encargará-se de producir a animación.

Pola súa banda, Pratt seica está a lle coller gusto aos papéis de persoaxes de debuxos, porque ademais de ser Mario na vindeira película Super Mario Bros. na Illumination Entertainment, xa lle emprestou a súa voz aos protagonistas de The LEGO Movie e Onward.