A 20th Century Studios e a Hulu están a avanzar rapidamente para realizar un novo proxecto, unha longametraxe de dúas horas de duración, que adaptará o famoso conto The Boogeyman de Stephen King.
Mark Heyman (Black Swan) é o autor das versións mais recentes do guión. Scott Beck e Bryan Woods (A Quiet Place) e Akela Cooper (Malignant) escribiron as versións anteriores.
O relato orixinal, que xa conta cunha versión no cinema nun filme de 1982, é un dos vinte que compoñen a espremida escolma Night Shift, da que xa se adaptaron moitas outras histórias: Children of the Corn, Graveyard Shift, Maximum Overdrive, The Mangler, Sometimes They Come Back, The Lawnmower Man, Jerusalem’s Lot e mais Quitters, Inc. e The Ledge, adaptadas conxuntamente no filme Cat’s Eye.
The Boogeyman (Bicho papón, en galego) é un dos contos mais terroríficos da escolma e vai sobre un home que visita a un psiquiatra e lle conta como cada ún dos seus tres fillos morreu asasinado no berce por unha presenza sádica que está a persegui-lo.
Nombergantes, a sinopse oficial do filme soa moi distinta e seica será adaptada para o público adolescente: a protagonista será unha rapaza e mais o seu irmán cativo que son perseguidos por unha presenza sádica na súa casa e loitan para que o seu pai, que ven de enviuvar, lles faga caso antes de que sexa demasiado tarde.
A rodaxe comezará este inverno e continuará ao longo da primavera en New Orleans, con Rob Savage (Dashcam) na cadeira de director, e con Shawn Levy, Dan Levine e Dan Cohen coma produtores.